domingo, 6 de febrero de 2011

QUEN SON?

CO PROGRAMA FUNTASTICFACE(funtasticface.com),CAMBIAMOS O NOSO ASPECTO E XOGAMOS A SER DIFERENTES.CADA UN ESCOLLEU AS CARACTERÍSTICAS DA SÚA NOVA CARA,E ESTE É O RESULTADO.

somos diferentes





COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ,BUSCAMOS FOTOS DE PERSOAS DOUTROS PAISES E OUTRAS CULTURAS,XENTE CON DIFERENTES RASGOS,XENTE  NOVA,MAIORES..E FALAMOS DAS DIFERENCIAS FISICAS E DA IGUALDADE DE DEREITOS.

martes, 25 de enero de 2011

OBRADOIRO DE COCIÑA

O NOVO ANO COMEZOU DOCEMENTE CUNHA RECEITA DA MAMÁ DE IRIA, QUE VEU Á AULA A ENSINARNOS A FACER GALLETAS.QUEDARON BEN RICAS!.ESTA É A RECEITA PARA QUE VOS ANIMEDES NA CASA:
4  OVOS
1 TARRINA DE MARGARINA(250GR.)
1  TAZA DE AZUCRE(MESMO VOLUME QUE DE MARGARINA)
1  SOBRE DE LÉVEDO
1  KG. OU 1 E 1/2 DE FARIÑA
PÓDESELLE BOTAR TAMÉN UN POUCO LEITE OU NATA LÍQUIDA.

E ESTAS SON AS FOTOS.


video
             

ORELLAS DE BOLBORETA

CO CONTO ORELLAS DE BOLBORETA,INICIAMOS O TRIMESTRE PARA TRABALLAR A AUTOESTIMA.
TER AS ORELLAS GRANDES,O PELO REBELDE,SER ALTO OU BAIXO,FRACO OU GORDECHO...ATA A CARACTERÍSTICA MÁIS NIMIA PODE SER MOTIVO DE PARODIA ENTRE UNS NENOS E OUTROS.POR ISO CÓMPRE UN LIBRO QUE LLES DEMOSTRE A TODOS ,TANTO AOS QUE DAN COMO AOS QUE RECIBEN ALGÚN COMENTARIO DESPECTIVO,QUE ESES COMPORTAMENTOS SON REPROBABLES.


                                 

miércoles, 22 de diciembre de 2010

FESTA

PARA REMATAR O TRIMESTRE,ADEMÁIS DE TEATRO,TIVEMOS UNHA PEQUENA FESTA,E PARA DESPEDIRNOS,CANTAMOS E BAILAMOS.ESTAS SON AS FOTOS,E OS VÍDEOS DAS CANCIÓNS QUE MÁIS NOS GUSTARON.BOAS FESTAS A TODOS!.








TEATRO NO COLE

video
HOXE ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN DUNHA PEQUENA OBRA DE TEATRO A CARGO DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE SEGUNDO NIVEL.

martes, 21 de diciembre de 2010

A CAIXA DOS BICOS

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN PARA ENCHER A NOSA CAIXA DOS BICOS.COAS CARTAS QUE TROUXÉCHEDES FIXEMOS UN BONITO MURAL,QUE COMPLETAMOS COAS FOTOS DOS SERES QUERIDOS.
A AULA DESBORDA BICOS DE SABORES,E AS RELACIÓNS ENTRE OS CATIVOS VAN MELLORANDO,AO TEMPO QUE EXPRESAN CON MENOS MEDO E TIMIDEZ OS SEUS SENTIMENTOS.TODO UN LOGRO, QUE FAI QUE O AMBIENTE DENTRO DA AULA SEXA MÁIS CORDIAL E AGRADABLE.