martes, 25 de enero de 2011

OBRADOIRO DE COCIÑA

O NOVO ANO COMEZOU DOCEMENTE CUNHA RECEITA DA MAMÁ DE IRIA, QUE VEU Á AULA A ENSINARNOS A FACER GALLETAS.QUEDARON BEN RICAS!.ESTA É A RECEITA PARA QUE VOS ANIMEDES NA CASA:
4  OVOS
1 TARRINA DE MARGARINA(250GR.)
1  TAZA DE AZUCRE(MESMO VOLUME QUE DE MARGARINA)
1  SOBRE DE LÉVEDO
1  KG. OU 1 E 1/2 DE FARIÑA
PÓDESELLE BOTAR TAMÉN UN POUCO LEITE OU NATA LÍQUIDA.

E ESTAS SON AS FOTOS.


video
             

ORELLAS DE BOLBORETA

CO CONTO ORELLAS DE BOLBORETA,INICIAMOS O TRIMESTRE PARA TRABALLAR A AUTOESTIMA.
TER AS ORELLAS GRANDES,O PELO REBELDE,SER ALTO OU BAIXO,FRACO OU GORDECHO...ATA A CARACTERÍSTICA MÁIS NIMIA PODE SER MOTIVO DE PARODIA ENTRE UNS NENOS E OUTROS.POR ISO CÓMPRE UN LIBRO QUE LLES DEMOSTRE A TODOS ,TANTO AOS QUE DAN COMO AOS QUE RECIBEN ALGÚN COMENTARIO DESPECTIVO,QUE ESES COMPORTAMENTOS SON REPROBABLES.