miércoles, 22 de diciembre de 2010

FESTA

PARA REMATAR O TRIMESTRE,ADEMÁIS DE TEATRO,TIVEMOS UNHA PEQUENA FESTA,E PARA DESPEDIRNOS,CANTAMOS E BAILAMOS.ESTAS SON AS FOTOS,E OS VÍDEOS DAS CANCIÓNS QUE MÁIS NOS GUSTARON.BOAS FESTAS A TODOS!.








TEATRO NO COLE

video
HOXE ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN DUNHA PEQUENA OBRA DE TEATRO A CARGO DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE SEGUNDO NIVEL.

martes, 21 de diciembre de 2010

A CAIXA DOS BICOS

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN PARA ENCHER A NOSA CAIXA DOS BICOS.COAS CARTAS QUE TROUXÉCHEDES FIXEMOS UN BONITO MURAL,QUE COMPLETAMOS COAS FOTOS DOS SERES QUERIDOS.
A AULA DESBORDA BICOS DE SABORES,E AS RELACIÓNS ENTRE OS CATIVOS VAN MELLORANDO,AO TEMPO QUE EXPRESAN CON MENOS MEDO E TIMIDEZ OS SEUS SENTIMENTOS.TODO UN LOGRO, QUE FAI QUE O AMBIENTE DENTRO DA AULA SEXA MÁIS CORDIAL E AGRADABLE.

NADAL

DECORAMOS ESPAZOS CON ALGÚNS MOTIVOS NAVIDEÑOS.FIXEMOS UNHA ÁRBORE ENTRE TODOS ,PINTÁNDOA CON TÉMPERAS E DECORANDO CON PURPURINA.
TAMÉN FIXEMOS UNHAS TARXETAS PARA A FAMILIA,COA TÉCNICA DE "COLLAGE"(PEGADO) RECICLANDO RESTOS DE PAPEIS NAVIDEÑOS E PEGANDO SÍMBOLOS COÑECIDOS POR ELES E REPRESENTATIVOS DESTA ÉPOCA DO ANO.




domingo, 19 de diciembre de 2010

AQUÍ TEDES UN FERMOSO CONTO SOBRE OS NENOS E NENAS CON DISCAPACIDADES,É UN RELATO SINXELO QUE PODE AXUDARNOS A COMPRENDER MELLOR E A SER MÁIS ABERTOS ANTE AS PERSOAS DIFERENTES.

jueves, 16 de diciembre de 2010

CONTOS

PROPÓÑOVOS UNHA PEQUENA SELECCIÓN DE CONTOS PARA OS CATIVOS,AGORA QUE CHEGAN AS FESTAS DE NADAL,E CON ELAS,OS AGASALLOS.ALGÚNS DESTES CONTOS XA SON COÑECIDOS PARA ELES,POR TELOS TRABALLADO NA AULA,PERO GÚSTANLLES MOITO E NON PARAN DE QUERER QUE LLOS CONTEN.

 
CONTOS PARA  3-4 ANOS:


CONTOS DE RATIÑOS-----------EDIT.KALANDRAKA

PACO------------------------EDIT.KALANDRAKA

ORELLAS DE BOLBORETA--------EDIT.KALANDRAKA

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS
DE MEXAR NA NOITE DE REIS---EDIT.KALANDRAKA

A CASA DA MOSCA CHOSCA------EDIT.KALANDRAKA

HOMIÑO DE MAZAPÁN-----------EDIT.KALANDRAKA

A TARTARUGA QUE QUERÍA
DURMIR----------------------EDIT.OQO

ONDE VIVEN OS MONSTROS---- EDIT.KALANDRAKA

O COELLIÑO BRANCO-----------EDIT.KALANDRAKA

UN PESADELO NO MEU ARMARIO--EDIT.KALANDRAKA

ANTÓN E O APALPADOR---------EDIT.BARAFUNDA

LOLA CON ALAS---------------EDIT.SERRES
CAPERUCITA Y LOBAZO---------EDIT.BEASCOA
LA NAVIDAD DE EMILIO Y LILU-EDIT.EDELVIVES
LA NOCHEBUENA DE MAISY------EDIT.LUCY COUSINS
EN BUSCA DEL BESO-----------EDIT.BEASCOA
LA CARTA DE PAPÁ NOEL-------EDIT.CARIMBO
LOS TRES ERIZOS-------------EDIT.EKARÉ
OLIVIA----------------------EDIT.SERRES

martes, 7 de diciembre de 2010

VÍDEOS EDUCATIVOS

DEIXOVOS DOUS VÍDEOS QUE VEMOS NA AULA.O PRIMEIRO É SOBRE O PLANETA TERRA, E AXÚDALLES A COMPRENDER A IMPORTANCIA DE COIDAR E RESPECTAR O ENTORNO.
O OUTRO VÍDEO É UNHA ANIMACIÓN DE PLASTILINA E INTRODÚCEOS NO MUNDO DA ÓPERA DUN XEITO DIVERTIDO,CON IMAXES DUNHA GRAN BELEZA VISUAL E MUSICAL.

jueves, 2 de diciembre de 2010

CONTO:"UNHA MANCHEA DE BICOS".

A VINDEIRA SEMANA,COMEZAREMOS A TRABALLAR UN NOVO CONTO:"UNHA MANCHEA DE BICOS"."KATI TEN UNHA CAIXA CHEA DE BICOS.CANDO VAI AO COLE,SEMPRE LEVA ALGÚN PARA DARLLE AOS AMIGOS..."
NA NOTA QUE VOS ENVIEI,PEDINVOS UNHA CAIXA,PARA FACER AS CAIXAS DOS BICOS,E TAMÉN QUE ESCRIBÍRADES UN PEQUENO TEXTO FALANDO DOS BICOS DOS VOSOS FILLOS/AS:"MAMÁ,PAPÁ..A QUE SABEN OS MEUS BICOS?".A PARTIRES DOS TEXTOS,COMEZAREMOS A TRABALLAR CONCEPTOS COMO:O AMOR,OS AFECTOS,O CARIÑO,O AGARIMO..

PLANTANDO LANDRAS

ESTA SEMANA ESTIVEMOS PLANTANDO AS LANDRAS QUE TIÑAMOS.
DESPOIS DE UTILIZAR OS MATERIAIS NATURAIS QUE TROUXERON,PARA CLASIFICAR,COMPARAR,CONTAR,E PARA DISTINTOS TRABALLOS DE PLÁSTICA,DECIDIMOS DARLLE UN BÓ USO AS LANDRAS E CON UNS POUCOS COIDADOS,AGARDAREMOS A QUE AS NOVAS PLANTAS ENCHAN DE VERDE A NOSA AULA.